> Concerto de Tribalistas (venres 26)
Tribalistas, o trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown, ofrecerá un concerto o vindeiro venres 26 de outubro no Multiusos de Sar. A cita será ás 21:00 e, como xa é costumbre ante este tipo de eventos, TUSSA porá a disposicións dos asistentes do concerto servizos de transporte adiccionais:
- #ServizoLanzadeira: partirá dende o carril-bus do Hórreo (xusto diante de onde comezan a escalinata que baixa ata a estación de trens) ata o Multiusos de forma directa, sen paradas. O horario será de 18:00 a 21:00 ininterrompidamente. Ao remate do concerto —a partir das 22:45, aproximadamente— manterase o #ServizoLanzadeira dende o Multiusos ata o cruce da avda. de Lugo co Hórreo. As tarifas deste servizo serán as habituais do transporte urbano. Podes consultalas aquí.
- #LiñaC11 (cada 12'): prolongarase polo Multiusos en todas as viaxes que pasen por Xeneral Pardiñas entre as 18:00 e as 21:00.
- #Liña9 (cada 60'): pode ser outra opción para acceder ao Multiusos con máis «relax», fuxindo do axetreo que caracteriza á #LiñaC11. Iso si, haberá que andar pendente, xa que esta liña só pasa cada hora (ás XX:40 pola Senra, aproximadamente).
- #LiñaC5 e #LiñaC6 (cada 60'): poden empregarse tamén para acceder ao Multiusos dende o centro da cidade, mais a súa función principal é a de atender a outras zonas periféricas da cidade (San Lázaro, Amio...).
> Carreira Pedestre Popular (domingo 26)
E este finde tamén, terá lugar a 41ª edición da Carreira Pedestre Popular. O percorrido abrangue gran parte da cidade, polo que todas as liñas que funcionan os domingos terán desvíos, e mesmo nalgunhas suprimiranse algunha saída. Este é o itinerario da proba:
Imos ver as alteracións que sufrirán as liñas unha por unha:
#Liña1 (cemiterio de Boisaca ⇆ Hospital Clínico)
Entre as 10:00 e as 12:30, haberá percorridos alternativos:
#Liña4 (As Cancelas ⇆ Romaño)
#Liña5 (A Rocha ⇆ Vite)
#Liña6 (San Marcos ⇆ Os Tilos)
Entre as 9:45 e as 12:15 os autobuses da #Liña6 terán percorridos alternativos:
#Liña7 (rúa Valle Inclán ⇆ Aríns)
#Liña8 (Vidán ⇆ Camiño dos Vilares)
#LiñaC2 (est. autobuses → Fontiñas → Hospitais → Vite → est. autobuses)
A viaxe con saída ás 10:15 da estación de autobuses quedará suprimida. Reanudarase o servizo co servizo das 11:15.
#LiñaC11 (circular de Fontiñas)
As saídas do Camiño Francés (C.C. As Cancelas) das 10:20, 10:55, 11:30 e 12:05 terán o seu percorrido habitual ata a avda. de Lugo. Seguirán por esta ata o Hórreo, onde darán media volta e volverán cara Fontiñas. Realizaranse as prolongacións polo Multiusos de Sar e a Cidade da Cultura nas horas sinaladas.
#LiñaP1 (est. autobuses ⇆ Folgoso)
Suprimidos os servizos con saída ás 10:30 de Folgoso e ás 11:00 dende a estación de autobuses.
#LiñaP2 (est. autobuses ⇆ Ortoño)
Nas viaxes con saída ás 10:00 dende Ortoño e ás 11:30 dende a est. de autobuses, o bus da #LiñaP2 irán, dende Rosalía de Castro, por Romero Donallo → Hórreo e avda. de Lugo ata a estación, perdendo así todas as paradas no centro da cidade.
#LiñaP3 (rúa Valle Inclán ⇆ A Susana)
As viaxes con saída de Valle Inclán ás 11:00 e ás 12:00, así como os que saen da Susana ás 10:30 e 11:30, terán como punto de orixe / destino a rúa do Hórreo, non indo así ata Valle Inclán.
Arredor das 11:00, cando se abran as rúas pechadas do Ensanche, as viaxes en dirección A Susana poderán realizar a #Parada479 na rúa da Rosa.

- Hosp. Clínico → Boisaca: percorrido habitual ata o cruce da avda. Rosalía de Castro con Romero Donallo. Dende aquí, os buses irán por esta última avda. → Hórreo (parada na zona da escalinata que baixa á estación de trens) → avda. de Lugo → Cruceiro da Coruña.
- Boisaca → Hosp. Clínico: mesmo percorrido que no caso anterior pero á inversa. Neste sentido, a parada alternativa no Hórreo será a #Parada694 da #LiñaC2.
#Liña4 (As Cancelas ⇆ Romaño)
- As Cancelas → Romaño: suprimidas as viaxes con saída das Cancelas ás 10:30 e 11:30 (coa conseguinte perda tamén da prolongación por Casas Novas).
- Romaño → As Cancelas: non sairán do Romaño as viaxes das 10:00, 11:00 e 12:00.
#Liña5 (A Rocha ⇆ Vite)
- Vite → A Rocha: suprimidas as viaxes das 10:00 e das 12:00. Sairá dende Vite o servizo das 9:30, e o próximo será o das 12:30. No seu lugar:
- Est. de autobuses → A Rocha: os servizos que deberían salir entre as 10:00 e as 12:00 de Vite farano dende a estación de autobuses. Dende aquí, os buses da #Liña5 irán por Rodríguez de Viguri → avda. de Lugo → Hórreo (#Parada694) e percorrido habitual ata A Rocha (ou A Rocha Vella, segundo o horario).
- A Rocha → est. de autobuses: mesmo percorrido que no caso anterior pero a parada alternativa do Hórreo realizarase no cruce desta rúa coa avda. de Lugo (zona da escalinata que baixa á estación de trens).
#Liña6 (San Marcos ⇆ Os Tilos)
Entre as 9:45 e as 12:15 os autobuses da #Liña6 terán percorridos alternativos:
- San Marcos → Os Tilos: itinerario habitual ata Fonte dos Concheiros. Dende aquí, os buses seguirán por avda. de Lugo → Hórreo (#Parada694) → Amor Ruibal e percorrido ordinario ata Os Tilos. Ao redor das 11:00, neste sentido, os buses poderán acceder á rúa da Rosa, facendo parada aquí e deixando de realizar a provisional no Hórreo.
- Os Tilos → San Marcos: percorrido habitual ata o Hórreo. Despois, por avda. de Lugo ata a #Parada409 na rúa das Fontiñas.
#Liña7 (rúa Valle Inclán ⇆ Aríns)
- Valle Inclán → Aríns: as saídas dende Valle Inclán das 11:00 e 12:00 faranse dende o carril-bus do Hórreo, polo que quedan suprimidas as paradas de Valle Inclán, Virxe da Cerca e pza. de Galicia.
- Aríns → Valle Inclán: as saídas de Aríns das 10:30 e das 11:30 terán como destino o Hórreo, diante da estación de trens. Polo tanto, quedan suprimidas as paradas de Hórreo nº 23, Virxe da Cerca e Valle Inclán.
#Liña8 (Vidán ⇆ Camiño dos Vilares)
- Vidán → C. Vilares / Tanatorio: as viaxes con saída da urb. Brandía ás 10:30 e 11:30 irán por: avda. Mestra Victoria Míguez → avda. Mestre Mateo → Romero Donallo → Hórreo (parada na zona próxima a escalinata que baixa á estación de trens) → avda. Lugo → avda. Rodríguez de Viguri → r/ dos Irmandiños e itinerario habitual a partir do barrio de Guadalupe.
- C. Vilares / Tanatorio → Vidán: as saídas das 10:00, 11:00 e 12:00 farán o mesmo percorrido que no caso anterior pero á inversa, realizando a #Parada694 de xeito alternativo.