Os vindeiros martes 12 e mércores 13 de marzo, terán lugar unhas labores de fresado e asfaltado nas rúas de Poza Real de Arriba e Poza Real de Abaixo. Por este motivo, pecharanse ao tráfico os dous días, en horario de 9:00 a 20:00. Deste xeito, a #Liña5 do transporte urbano quedará desviada nos dous sentidos de circulación.
#Liña5 dirección A Rocha / A Rocha Vella
Os buses circularán seguindo o seu itinerario habitual ata o final da rúa Torrente. Aquí, en vez de xirar á esquerda cara Poza Real, faranno á dereito para seguir por Ponte da Rocha ➤ rotonda Volta do Castro ➤ Viaducto da Rocha (SC-20), para abandonalo na primeira saída, que desemboca na glorieta da rúa do Churruchao. Unha vez aquí, os buses continuarán por dita rúa se o seu destino é A Rocha Vella. De non ser así, accederán á Rocha (#Parada407) a través do vial baixo a SC-20.
Seguindo este percorrido desviado, as paradas anuladas son dúas:
🚏🆇 #Parada404: Poza Real de Abaixo (colexio Sta. Apolonia).
🚏🆇 #Parada403: Poza Real de Abaixo.
#Liña5 dirección centro cidade - Vite
O traxecto desviado é o mesmo que en dirección A Rocha, pero en sentido contrario. Polo tanto, as paradas perdidas tamén se corresponden coas que están xusto en frente das anteriores, é dicir:
🚏🆇 #Parada405, Poza Real de Abaixo.
🚏🆇 #Parada406, Poza Real de Abaixo (fronte ao colexio Sta. Apolonia). Para esta última, habilitarase unha #ParadaAlternativa no punto onde conflúen as rúas Ponte da Rocha e Torrente, por onde vén o bus desviado.
Necesidade de actuación nas paradas do bus
Paradas no entorno do colexio Santa Apolonia: nin marquesina nin poste informativo, pero si sinalización horizontal. |
O certo é que estas obras de mellora do pavimento chegan no momento adecuado. Actualmente e tal e como puidemos comprobar cos nosos propios ollos, a estrada atópase chea de fochancas, que limitan considerablemente a accesibilidade das paradas do transporte urbano que se verán afectadas polos traballos. Neste sentido, gustaríanos pensar que, polo menos, foran solventados estes problemas e sinalizados horizontalmente dous dos apeadoiros (os outros dous xa o están).
Lugar onde supoñemos que se sitúa a #Parada405. Non entenderiamos que non se sinalizase adecuadamente durante as obras que comezan o martes. |
De feito, a #Parada405 non conta con ningún elemento que a identifique como tal; non hai sinalización na estrada nin marquesiña, ao ser a beirarrúa demasiado estreita. No seu lugar, esta marquesiña atópase situada na parada de en fronte (#Parada403), na que os veciños da zona agardan sentados polo bus e, cando chega, cruzan a estrada —non hai paso de peóns tampouco, por certo—. Aínda así, a accesibilidade á marquesiña é nula.
Fonte de información: TUSSA
Fotografías: Bus Compostela