O cambio básico e aplicable ás catro liñas e que deixarán de acceder ao barrio de Fontiñas pola rúa Berlín (agora só aberta o tráfico en sentido subida) para facelo pola de Londres (só baixada). Quedarán anuladas polo tanto para as liñas 9, C4, C6 e C11 as seguintes paradas:
🚏❌ 129, Berlín (xulgados)🚏❌ 294, Lisboa nº 5
Ademais, para a liña C4 quedará tamén anulada a parada 89, avda. de Lugo (xulgados), xa que os autobuses torcerán directamente dende esta avenida cara a rúa Londres. Para a liña 13 si seguirá vixente.
Pola súa banda, as liñas 9, C6 e C11 transitarán polos carrís centrais da avenida dende Concheiros / Rodríguez de Viguri ata a nova rotonda na confluencia da avda. de Lugo con Londres, onde poderán facer o xiro directamente cara Fontiñas.
Un autobús de Freire atravesando a glorieta provisional. |
Esta nova parada foi sinalizada mediante os habituais sinais redondos que indican a prohibición de estacionar —non de parar— acompañadas das palabras «P BUS». É o suficientemente grande como para que os autobuses poidan achegar as tres portas á beirarrúa e ocupa unha superficie na que antes podían aparcar uns cinco coches. O aspecto negativo atopámolo na falta de información sobre horarios e liñas in situ, extensible á toda a rede. Unha boa idea podería ser trasladar o poste de Lisboa nº 5, que quedará inutilizado durante un ano.
Poste de Lisboa nº 5 inutilizado. |
Diversas fases
A fase iniciada o pasado luns na obra dos Concheiros é a primeira. Están contempladas diversas fases —non se especifica cantas— que seguirán a mudar o tráfico e a mobilidade da zona. É probable que nas seguintes, a maiores destas catro liñas, teña que modificar tamén o seu percorrido a 6, que segundo o primeiro documento subido á web por TUSSA —corrixido case ao instante— pasaría a circular pola rúa Monte dos Postes.
Fontes de información:
TUSSA
El Correo Gallego
Fotografías:
Elaboración propia
Google Street View
App maisbus
Ningún comentario:
Publicar un comentario