Como cada ano en Nadal, os transportes urbano e metropolitano modificarán os seus horarios por mor da celebración da Noiteboa e Nadal e Noitevella e Aninovo: os días 24 e 31 de xaneiro os autobuses retiraranse máis cedo do habitual, mentres que o 25 de decembro e o 1 de xaneiro retrasarase a hora de inicio do servizo.
Transporte urbano
Os luns 24 e 31 de decembro, ao ser días laborables, as liñas do transporte urbano funcionarán como tal. Sen embargo, as últimas saídas adiantaranse ata as 20:30 / 21:00, dependendo en todo caso de cada liña concreta. Estas serán as derradeiras saídas dende cada cabeceira:
Pola contra, os días de Nadal e Aninovo, os primeiros servizos sairán das cabeceiras ao filo das 10:00 da mañá. Ao ser días festivos, só funcionarán as liñas propias dos domingos, que son as seguintes:
AeroBus ✈
A liña da Empresa Freire que conecta o centro da cidade co aeroporto de Lavacolla (en breves xa Rosalía de Catro😋) tamén sufrirá variacións no seu horario:
Días 24 e 31 de decembro: última saída da pza. de Galicia ás 19:00 e dende o aeroporto ás 20:00.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro: a primeira saída dende a pza. de Galicia será ás 10:00 e dende Lavacolla ás 11:00.
Transporte metropolitano
Os horarios do transporte metropolitano tamén se verán afectados durante estes días especiais:
➢ Rúa da Rosa - Bertamiráns - A Gándara:
Días 24 e 31 de decembro: última saída da rúa da Rosa ás 20:45 e último viaxe dende A Gándara ás 21:15.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro: non haberá servizo porque esta liña só funciona os días laborables.
➢ Est. autobuses - Bertamiráns - Negreira:
Días 24 e 31 de decembro: suprímense as últimas saídas dende Santiago (21:45) e dende Negreira (20:45). As alternativas, as saídas da hora anterior (20:45 e 19:45 respectivamente).
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro: o servizo comezará á mesma hora que o fai o resto de domingos e festivos do ano, pero suprimirase a saída dende Santiago das 14:45, e a de Negreira das 15:45.
➢ Est. autobuses - Bertamiráns - Noia:
Días 24 e 31 de decembro: a última saída cara a Noia será ás 20:00 (suprímese polo tanto a das 21:30) e suprímese o servizo Noia → Santiago das 21:00 (sendo o último as 19:00).
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro: os primeiros servizos (tanto dende Noia a Santiago como no traxecto inverso) sairán ás 12:00.
Bo Nadal!😄
Nota: foinos imposible contactar con Autobuses de Calo para coñecer os horarios dos autobuses dende / hacia Milladoiro nestas datas de Nadal.
Empresa Freire
Monbus
Hermanos Ferrín