> Sábado 27: Cidade Imaxinaria
Regresa, un ano máis, a Cidade Imaxinaria á Cidade da Cultura. Terá lugar o sábado 27 de abril a partir das 17:00. Como a #Liña9 non funciona os sábados pola tarde, as opcións para subir ata o Gaiás en transporte público serán as seguintes:
➢ #ServizoEspecial: será un autobús que funcionará entre a pza. de Galicia (#Parada410, diante do Massimo Dutti) e a CdC cunha frecuencia de 40 min. A primeira saída dende o Gaiás será ás 14:00 e a última ás 21:20. Dende o Ensanche, o primeiro bus partirá ás 14:20 e o último ás 21:00. Dende a pza. de Galicia, este bus seguirá por Virxe da Cerca seguindo o itinerario da #Liña9, coa única excepción de que non accederá ao Multiusos de Sar na viaxe de ida nin na de volta. As tarifas serán as habituais.
Os horarios detallados son: saídas dende a Cidade da Cultura: 14:00, 14:40, 15:20, 16:00, 16:40, 17:20, 18:00, 18:40, 19:20, 20:00, 20:40, 21:20.
Dende a praza de Galicia: 14:20, 15:00, 15:40, 16:20, 17:00, 17:40, 18:20, 19:00, 19:40, 20:20, 21:00.
Dende a praza de Galicia: 14:20, 15:00, 15:40, 16:20, 17:00, 17:40, 18:20, 19:00, 19:40, 20:20, 21:00.
➢ #LiñaC11: aínda que o lóxico e o máis practico sería acceder a través do servizo habilitado para a ocasión, a #LiñaC11 conta con tres prolongacións á Cidade da Cultura os sábados tarde, que eles mesmos recomendan na web aínda que os horarios sexan erróneos. Os servizos desta liña con paso por Xeneral Pardiñas ás 17:30, 19:45 e 20:00 subirán ata o Gaiás.
> Luns 29: concerto de Bob Dylan
O luns 29 de abril ás 21:00 Bob Dylan ofrecerá no Multiusos Fontes de Sar o que será o único concerto en Galicia da súa última xira. Ante a escaseza de servizos de transporte ordinarios ata o recinto, TUSSA porá en marcha o habitual #ServizoLanzadeira que se emprega para os eventos no Multiusos. Deste xeito, poderase acceder a través:
➢ Do #ServizoLanzadeira: de xeito continuado (isto é, que sempre haberá un bus ao que subirse) dende as 17:00 ata as 21:00. Sairá dende o carril bus do Hórreo, onde comeza a escalinata que baixa á estación de trens. Irá directo ata o Multiusos, sen facer paradas. Manterase en sentido inverso ao remate do concerto, a partir das 22:45.
➢ Da #LiñaC11 (cada 12 min): todos os servizos comprendidos entre as 17:00 e as 21:00 prolongaranse ata o Multiusos. Non sabemos se se reforzará a liña cun autobús máis, pero dende logo cremos que sería o máis conveniente tendo en conta o percorrido extra nun día laborable (hai máis tráfico que durante as fins de semana). No centro, discorre por Xeneral Pardiñas e pza. de Galicia.
➢ Da #Liña9 (cada hora): no seu percorrido habitual accede ao Multiusos. Sae ás XX:30 de Casas Novas e sobre as XX:40 para na Senra. Logo continúa por Virxe da Cerca, Pastoriza, Anxo Casal, Rodríguez de Viguri e Fontiñas.
➢ Das #LiñaC5 e #LiñaC6 (cada hora): unicamente as recomendamos para acceder dende zonas periféricas da cidade que non queden cubertas por algunha das outras alternativas, xa que teñen pouca frecuencia e son moi habituais os retrasos.
Fontes de información:
Cidade da Cultura
TUSSA (I) e TUSSA (II)
Imaxes:
Cidade da Cultura
Ticketmaster
Google Maps
O luns 29 de abril ás 21:00 Bob Dylan ofrecerá no Multiusos Fontes de Sar o que será o único concerto en Galicia da súa última xira. Ante a escaseza de servizos de transporte ordinarios ata o recinto, TUSSA porá en marcha o habitual #ServizoLanzadeira que se emprega para os eventos no Multiusos. Deste xeito, poderase acceder a través:
Punto de saída do #ServizoLanzadeira. |