Tarifas e transbordos 💶

Billetes e bonos
As tarifas do transporte urbano de Santiago de Compostela atópanse conxeladas dende o ano 2011, e son as seguintes:

bonos e billetes

➢ Os billetes correspóndense cos pagos en metálico ao condutor/a. Pagamos o importe da nosa viaxe e farásenos entrega dun billete de papel que debemos conservar ata que nos baixemos do autobús, xa que en caso de inspección pódennolo reclamar.

 Os bonos correspóndense cos pagos a través de tarxetas magnéticas de TUSSA. Estas poden ser adquiridas nos propios autobuses por un prezo de 3€. A este prezo habería que sumarlle o custo da recarga —que tamén se realiza nos buses—, que pode ser de 10, 20 ou 30 viaxes. Se se quere devolver a tarxeta e esta atópase en bo estado, os 3€ serán reembolsados. 

  • Bono ordinario: 0,60€/viaxe. Para calquera persoa maior de idade que non estea a cobrar unha pensión e que non sexa usuario diario do bus urbano. Este bono pode recargarse no propio bus con 10 (6€), 20 (12€) ou 30 (18€) viaxes.
  • Bono escolar: 0,40€/viaxe. Pode solicitalo calquera persoa que teña menos de 18 anos. Pódeselle solicitar o DNI para a súa tramitación. Ao igual que o bono ordinario, a súa recarga faise no bus, e pode ser de 10 (4€), 20 (8€) ou 30 (12€) viaxes.
  • Bono mensual: 26€/mes. Pensado para aquelas persoas que utilizan o transporte urbano asiduamente. Cobre todas as viaxes —non hai límite— feitas durante un mes. O momento de realizar o pago é o primeiro día de cada mes, cando se nos será solicitado ao pasar a tarxeta pola canceladora.
  • Bono pensionista: gratuito. Contén 720 viaxes gratuitos ao ano. Para obtelo, é preciso presentar unha serie de documentos ao Concello. Toda a información nesta ligazón.


Asemade, tamén se pode pagar o transporte urbano coa Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) e coa Tarxeta TMG «Xente Nova» (para >19 anos):


*As viaxes realizadas coa Tarxeta TMG «Xente Nova» NON serán reembolsadas, por mor de tratarse de viaxes no transporte urbano. As viaxes con esta tarxeta só cobren os traxectos metropolitanos (entre unha cidade e a súa área metropolitana de transporte. Para +info visitar tmg.xunta.gal).


Estudantes da USC
Os Puntos de Información Universitaria (PIU) deixaron de funcionar o 1 de xullo de 2017. Atopámonos entón con dous grupos de persoas:

  • As que obtiveron a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) antes do 1 de xullo de 2017: poderán usar a TUI no transporte urbano sempre e cando a tiveran feita unha primeira recarga nun PIU. Para que as canceladoras dos buses poidan ler correctamente as TUI, precisan ser activadas previamente nun PUI mediante unha recarga. Logo poderanse seguir recargando nos propios autobuses (0,60€/viaxe). Toda persoa que non teña feita esta primeira recarga nun PUI non poderá usar a súa TUI nos autobuses.
  • As que obtiveron a TUI despois do 1 de xullo de 2017: non teñen a opción de poder utilizar a súa tarxeta no transporte urbano. Non se descarta que nun futuro TUSSA poida permitir pagar coa TUI directamente, sen necesidade de facer primeiro unha recarga nun PIU.


Outros colectivos

En Compostela, outros colectivos como persoas desempregadas ou con algún tipo de discapacidade non gozan de descontos no transporte urbano.


    Transbordos
    Existen tres tipos de transbordos:

    • Autobús urbano  autobús urbano (válido para todos os tipos de tarxetas): calquera transbordo entre dous autobuses urbanos será gratuíto sempre e cando se faga entre dúas liñas DIFERENTES e en menos dunha hora.
    • Autobús urbano → autobús metropolitano (só valido para Tarxeta TMG e Tarxeta TMG «Xente Nova»): ao pasar dun bus urbano a un metropolitano en menos dunha hora, o importe a cobrar neste último será a diferencia do importe total deste entre o importe do bus urbano. Por exemplo, se collemos a #Liña15 ata a rúa da Rosa (0,60€) e logo alí un bus a Milladoiro (que serían 0,86€), o importe que se nos cobraría sería 0,86 - 0,60 = 0,26€.
    • Autobús metropolitano → autobús urbano (só valido para Tarxeta TMG e Tarxeta TMG «Xente Nova»): se baixamos dun autobús metropolitano e nos subimos nun urbano en menos dunha hora (en calqueira liña), este será 100% gratuíto.

    Se tes calqueira dúbida e queres contactar connosco, podes facelo vía email (buscompostela@gmail.com) ou por Twitter (@BusCompostela).


    Fontes de información:

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario