Este vehículo pertence ao Grupo Monbus (propietario de Tralusa) e tivo varios destinos. Un dos últimos foi Sabadell (Barcelona), onde cubriu un traxecto substitutivo por obras en Renfe. Chegou a Compostela en xuño para formar parte dos servizos lanzadeira para O Son do Camiño e o concerto de Alejandro Sanz, e parece que a súa estadía está a ser prolongada para poñelo a proba.
O 1817 en Sabadell. |
Os seus 15 metros converteríano, no caso de que comezara a prestar servizo na cidade, no bus máis longo de toda a frota. Os vehículos máis longos ata o de agora andan en torno aos 12 m. Porén, ben sabido é que a fisionomía de Compostela non está preparada para vehículos destas dimensións. Un dos puntos máis conflitivos é a curva das Rodas:
#EstáPasando [9.30] | Lo de todas las mañanas en San Roque. Las maniobras de los autobuses en la curva de As Rodas son un espectáculo. pic.twitter.com/VoIjxN465K— La Voz de Santiago (@vozdesantiago) 29 de xaneiro de 2019
O Citaro L nas lanzadeiras ao Monte do Gozo. |
O 1917 en Alcalá e en Santiago. |
Por facer memoria...
Os últimos vehículos cen por cen novos do transporte urbano son os tres Citaro K que entraron en servizo no 2012, que son propiedade do Concello e foron cofinanciados polos Fondos FEDER da Unión Europea. Dende aquela, uníronse á frota en torno a dez vehículos procedentes de Alcalá de Henares (varios Scania CS40 City II, outros Scania N270UB e Citaros de primeira xeración). No verán de 2018 incorporouse un Citaro procedente do aeroporto de El Prat e agora, no de 2019, veremos que acontece con este pequeno gran xigante, o Citaro L.
Fotos: MiQuel Segura, El Intercambiador, asannei e elaboración propia