Xa é tradición en Compostela o clásico concerto do 24 de xullo. Nesta ocasión, teremos a honra de ter na cidade (ou máis ben, el terá a honra de estar aquí), ao trapeiro Bad Bunny. Ofrecerá un concerto no Multiusos Fontes do Sar ás 21:00, e TUSSA porá algunha que outra facilidade para aqueles interesados e interesadas en asistir. Imos por partes. Primeiro imos ver os servizos de liñas regulares, as habituais para acceder ao Multiusos:
#Liñas 9, C5, C6 e C11 (ida)
- #Liña9: ten unha frecuencia de 60'. Sae de Casas Novas ás horas e medias. As paradas máis céntricas para coller esta son a #Parada553 San Clemente, fronte ao IES Rosalía de Castro e a #Parada598 Senra nº 13, Burger King. Logo segue ata o Multiusos por Virxe da Cerca >> Pastoriza >> Rodríguez de Viguri >> Fontiñas.
Clic para ampliar |
- #LiñaC5: sae do polígono Costa Vella ás horas e media (frecuencia de 60'). As paradas máis céntricas para coller esta liña son a #Parada410 Pza. Galicia nº 3 (Zara) e a #Parada479 Rúa da Rosa. Logo vai ata o Multiusos por Restollal >> rúa da Estrada >> Diego Bernal.
Clic para ampliar |
- #LiñaC6: sae do polígono Costa Vella ás horas e cinco (frecuencia de 60'). As paradas máis céntricas desta liña son as situadas na rúa do Hórreo: #Parada691 Hórreo, estación de trens; #Parada276 Hórreo, Parlamento de Galicia e #Parada277 Hórreo nº 23. Segue o seu camiño ata o concerto polo mesmo percorrido que a #Liña9 dende Virxe da Cerca.
Clic para ampliar |
- #LiñaC11. Ten unha frecuencia de 15'. Prolongarase ata o Multiusos en todas as viaxes comprendidas entre as 16:00 e as 22:00. As paradas máis céntricas para coller esta liña son a #Parada673 Xeneral Pardiñas nº 35; #Parada674 Xeneral Pardiñas nº 7 e #Parada409 Praza de Galicia, ferraxería.
Clic para ampliar |
#ServizoLanzadeira (ida e volta)
Asemade, haberá un #ServizoLanzadeira que sairá dende o carril bus da rúa do Hórreo, diante da escalinata que baixa á estación de trens. Este servizo estará operativo entre as 16:00 e as 22:00. TUSSA non o concretou, pero supoñemos que se tratará dun só autobús que irá ata o Multiusos con pasaxeir@s e volverá baleiro. Non ten horario, simplemente vai e volve todo o rato, leve o tempo que lle leve.
O #ServizoLanzadeira será tamén o único modo de regreso dende o Multiusos ata o centro ao remate do concerto. Estará operativo de novo a partir das 00:00 cun percorrido directo ata a rúa do Hórreo, sen facer paradas intermedias. Neste caso, supoñemos que o servizo si contará con varios autobuses para atender a todas as persoas que saian do concerto.
Punto de saída do servizo lanzadeira no Hórreo
O #ServizoLanzadeira será tamén o único modo de regreso dende o Multiusos ata o centro ao remate do concerto. Estará operativo de novo a partir das 00:00 cun percorrido directo ata a rúa do Hórreo, sen facer paradas intermedias. Neste caso, supoñemos que o servizo si contará con varios autobuses para atender a todas as persoas que saian do concerto.
A nosa recomendación
Baixo o noso punto de vista, a opción idílica para ir dende o centro ata o Multiusos é utilizar o servizo lanzadeira. Pero posto que este non ten un horario fixo e tampouco aparece na app, recomendamos empregar a #LiñaC11, xa que é a que máis frecuencia de paso ten, e o seu percorrido é o que da menos rodeo para chegar. Iso si, tamén é a que máis chea de xente irá.
Á volta non queda máis remedio que utilizar o #ServizoLanzadeira. Non adoita haber problemas, xa que para a hora de finalización do evento –sobre as 00:00– o servizo diurno xa está máis que rematado e hai buses e condutor@s de sobra para poder realizar esta ruta sen problemas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario