> Venres 21
As opcións serán as seguintes:
- #ServizoLanzadeira: sairá dende o #CarrilBus da rúa do Hórreo (diante da escalinata que baixa á estación de tren). Irá ata o Multiusos directo, sen facer paradas. Dependendo da hora, funcionará de diferentes xeitos:
- Entre as 18:00 e as 19:00: só en sentido IDA (Hórreo >> Multiusos).
- Entre as 20:00 e as 22:00: funcionará nos dous sentidos, é dicir, poderase coller no Hórreo para ir ata o Multiusos e no Multiusos para ir ata o Hórreo.
- Dende as 23:00 e ata o desaloxo de toda a xente: exclusivamente en sentido VOLTA (Multiusos >> Hórreo).
- #LiñaC11 (frecuencia de 12'): prolongarase en todas as viaxes con paso por Xeneral Pardiñas comprendidas entre as 18:05 e 21:41. As paradas máis céntricas para coller esta liña serán as de Xeneral Pardiñas e pza. de Galicia (ferraxería).
- Outras liñas que acceden ao Multiusos (todas cada 60'): #Liña9 (paradas máis céntricas: San Clemente, Senra, 13), #LiñaC5 (pza. de Galicia, Zara e r/ da Rosa) e #LiñaC6 (Hórreo).
- [ACTUALIZACIÓN]: a maiores do #ServizoLanzadeira de TUSSA, haberá un de Monbus. Será de 18:00 a 20:30 (cada 30') con saída dende o estadio de San Lázaro (porta 10).
OLLO! O venres celebrarase tamén na Cidade da Cultura un concerto de Emilio Rúa (poderase acceder a través da #Liña9). Por este motivo, xunto coa propia Supercopa Endesa, prevese unha gran afluencia de coches na zona. Polo tanto, recomendamos coller o bus con antelación. No caso do concerto na CDC —que é ás 21:00— recomendamos coller o bus con saída de Casas Novas ás 19:30, xa que o das 20:30 xa irá con retraso.
> Sábado 22
Puntualización: non sabemos cantos buses conformarán o #ServizoLanzadeira de TUSSA. Nos partidos do Obradoiro CAB adoita haber un ou dous autobuses para o servizo de ida, e todos os que sexan necesarios para o de volta. Desta vez, ao tratarse dunha ocasión máis «especial» na que se espera máis afluencia de público, pode que vaia a haber máis vehículos.
Fontes de información:
TUSSA
Cidade da Cultura
Obradoiro CAB (Twitter)
Fotografías:
Marca
Cidade da Cultura
- #ServizoLanzadeira: ao igual que o venres, o servizo fará o percorrido Hórreo (escalinata da estación de tren) >> Multiusos directo, sen paradas intermedias. O horario de funcionamento do servizo este día será:
- Entre as 17:00 e as 19:15: sentido IDA (Hórreo >> Multiusos).
- Dende as 20:30 ata a finalización: só sentido VOLTA (Multiusos >> Hórreo). O servizo prolongarase ata que xa non haxa máis xente agardando polo bus.
- #LiñaC11 (cada 15'): pasará polo Multiusos en todas as viaxes que pasen por Xeneral Pardiñas entre as 17:00 e 19:15.
- Outras liñas: o sábado á tarde, a parte da #LiñaC11, só funciona unha liña máis con paso polo Multiusos: a #LiñaC5 (cada 60').
- [ACTUALIZACIÓN]: o sábado tamén haberá #ServizoLanzadeira de Monbus. Este día será de 17:00 a 18:30 (cada 30') dende a porta 10 do estadio de San Lázaro ata o Multiusos. Percorrido de volta, Multiusos - estadio S. Lázaro, a partir das 21:15.
Puntualización: non sabemos cantos buses conformarán o #ServizoLanzadeira de TUSSA. Nos partidos do Obradoiro CAB adoita haber un ou dous autobuses para o servizo de ida, e todos os que sexan necesarios para o de volta. Desta vez, ao tratarse dunha ocasión máis «especial» na que se espera máis afluencia de público, pode que vaia a haber máis vehículos.
Fontes de información:
TUSSA
Cidade da Cultura
Obradoiro CAB (Twitter)
Fotografías:
Marca
Cidade da Cultura
Ningún comentario:
Publicar un comentario