Se todo sae como estaba previsto, en pouco máis dun ano teremos a nova Estación Intermodal de Compostela rematada e lista para entrar en funcionamento en calquera momento. Unha das partes clave deste proxecto son os accesos, que tantas tensións causaron nos pasados meses entre Xunta e Concello. Un deles se realizará a través do Hórreo (igual que na actualidade) e outro a través da rúa Clara Campoamor, que será remodelada para converterla nun bulevar urbano.
Clara Campoamor na actualidade
Así loce actualmente a rúa Clara Campoamor |
Aínda que nun primeiro momento tiña dous carrís —un para cada sentido de circulación—, no 2010 ampliáronse a catro por mor das obras do túnel do Hórreo. O certo é que sempre foi unha rúa na que a prioridade do vehículo privado estivo por enriba da dos outros medios de transporte: só ten beirarrúa nunha das marxes e a velocidade á que circulan os vehículos —en teoría, non máis de 50 quilómetros/hora; na práctica, pode que ata 90— pon en perigo aos ciclistas que se atrevan a atravesar o vial en bicicleta. De feito, debido a esta situación, tivéronse que instalar uns coxíns berlineses en ambos extremos da rúa.
Plans de futuro
Clara Campoamor pasará a ser a rúa colindante da nova estación de autobuses. Por este motivo, é necesario adaptala de cara ao seu futuro papel estratéxico. E foi o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, o encargado de presentar as liñas que o goberno municipal vai seguir no proxecto de remodelación da rúa. Este é o proxecto básico en canto a mobilidade:
Bosquexo da que será a mobilidade na renovada Clara Campoamor (clic para ampliar) |
Imos analizar por partes os principais elementos que conformarán a nova Clara Campoamor:
- Carrís de circulación: será o cambio máis notable, xa que pasarán dos catro actuais a dous, un para cada sentido de circulación. Estarán separados por elementos vexetais. Tamén haberá carrís de incorporación adicionais nas entradas á estación.
- Beirarrúas: haberá beirarrúas nas dúas marxes, en vez de só nunha como na actualidade. Ademais, ampliaranse notablemente, ata alcanzar os 3 m. de ancho.
- Carril-bici: haberá un carril bici na marxe máis próxima ás Brañas do Sar. Aínda que nun principio sexa unha boa acción, moito sentido non lle vemos, xa que ao chegar a calquera dos extremos da rúa —Restollal ou rotonda inferior da avda. de Lugo— non hai practicamente continuidade.
- Buses: nun principio, prevíase a construción dunha rotonda na entrada á estación de autobuses, pero foi finalmente o propio concelleiro quen desbotou esta opción; no seu lugar, instalaranse semáforos con prioridade para buses interurbanos e urbanos (actualizarase o mapa de liñas, porque de momento non hai ningunha prevista por esta rúa no novo plan). Aplaudimos esta acción, xa que na actual estación os buses poden estar esperando ata 3 min. á que se poña o semáforo en verde, causando algunha que outra retención en horas punta. Por outra banda, pensamos que poderían terse mantido os catro carrís (no tramo Restollal - Estación), para converter un de cada marxe nun carril-bus.
Esta será quizáis a cuestión máis polémica, xa que se pretende desviar a gran cantidade de tráfico que soporta este vial de dúas maneiras:
- Para os vehículos que procedan do Castiñeiriño ou da rúa Virxe da Fátima (SC-11), o itinerario establecido sería pola SC-11 (avda. Santiago de Cuba), enlazando coa SC-20 e o túnel do Hórreo ata a avda. de Lugo.
- Para o tráfico procedente do mesmo Restollal, a opción sería ir por Amor Ruibal e Hórreo ata a avenida de Lugo. Este sería, un pequeno esquema que representaría o que estamos a explicar:
É un feito obxectivo que en ambos os dous casos o rodeo é considerable. Cremos que non debería haber maior problema no itinerario pola SC-11 e o túnel do Hórreo (en verde), xa que son viais de alta capacidade nos que, aínda que a distancia sexa maior, o tráfico adoita ser máis fluído.
Pero no caso do itinerario por Amor Ruibal e o Hórreo (en azul) a situación podería complicarse, sobre todo no entorno da rotonda da Galuresa: aquí o tráfico é de todo menos fluído, e as retencións son o pan de cadadía hora. Vai ser complicada tanto a tarea de desviar o tráfico de C. Campoamor por esta ruta como a de facer que a rúa poida soportar este tráfico —lembramos, cun só un carril en cada sentido— no caso de que os condutores sigan recorrendo a ela. Veremos como se xestiona todo isto.
Pero no caso do itinerario por Amor Ruibal e o Hórreo (en azul) a situación podería complicarse, sobre todo no entorno da rotonda da Galuresa: aquí o tráfico é de todo menos fluído, e as retencións son o pan de cada
Fontes de información: Concello de Santiago, El Correo Gallego, La Voz de Galicia
Imaxes: El Correo Gallego
Ningún comentario:
Publicar un comentario