Era un segredo sabido por todos (constaba no Xeoportal do Concello), pero o pasado martes confirmouse: a Dirección Xeral de Mobilidade cedeu ante o Concello, que pasará a xestionar o servizo da ruta de autobús que une Compostela co aeroporto de Lavacolla baixo a denominación «liña AP», no marco de remodelación do Plan de Transporte Metropolitano de 2020. Será engadida como unha liña máis ao transporte urbano, con todas as vantaxes e inconvenientes que iso supón.
Os principais cambios serán:
HORARIOS
Como podedes comprobar no post sobre esta liña, os horarios operados por Empresa Freire son bastante flexibles, cun bus ao aeroporto cada media hora dende as 6:00 (7:00 no sentido inverso) ata as 00:00 (1:00 dende Lavacolla). Aínda así, estes servizos son insuficientes, pois non chegan a tempo para embarcar nos voos máis madrugadores, cuxos viaxeiros adoitan coller máis o bus que os do resto da xornada.
A vontade do Concello é ampliar este horario, facendo que o primeiro bus saia cara a terminal ás 5:00, unha hora antes, para chegar aos primeiros voos. Asemade, tamén é probable que o último dende Santiago sexa á 1:00, en vez de ás 00:00 como ata agora. Non se ten pensado modificar a frecuencia (cada 30 min). Neste sentido, Freire xa solicitara á Xunta hai uns anos o adianto do comezo do servizo, pero fóralle denegado.
A ruta de Empresa Freire transporta, basicamente, dous tipos de viaxeiros: os usuarios do aeroporto e os veciños de Lacavolla e arredores. Coa inclusión da liña dentro do transporte urbano, poderanse engadir a estes perfís outros de carácter urbano. Por exemplo, sería a mellor opción para trasladarse dende o centro da cidade á estación de autobuses dun xeito máis rápido e con menos paradas que a #Liña5 ou para chegar ata a pza. de Galicia dende o centro comercial As Cancelas, sen ter que estar 25 minutos nun bus da #LiñaC11.
ITINERARIO E PARADAS
O percorrido da #LiñaAP será similar ao actual, pero contempla algúns cambios:
➢ Seguirá partindo dende a pza. de Galicia (#Parada410), seguindo pola rúa da Rosa e as dúas estacións (a de tren e a de bus, respectivamente). Para cando estea en funcionamento a nova estación de autobuses no complexo da Intermodal, suprimirase a parada na actual.
➢ Crearase unha nova parada en Fontiñas, para dar cobertura aos habitantes do barrio e aos seus traballadores, así como á zona norte da cidade. Isto lévanos a pensar que, de non variar o percorrido, a que máis papeletas ten é a #Parada153 (fronte ao C.C. As Cancelas), onde actualmente só para a #LiñaC2. Porén, no Xeoportal, o itinerario está marcado polas rúas de Londres e París, pero cómpre destacar que foi ideado para cando xa non funcione a estación de San Caetano, posto que non a contempla como parada. No contexto actual, resulta inviable o percorrido por Londres despois de parar na estación de buses, xa que non se pode acceder a Fontiñas a través da avda. de Lugo.
➢ Os buses accederán ata as portas da CRTVG, en vez de parar a pé de estrada como fai ata o de agora Empresa Freire. Deste xeito, cúmprese unha vella demanda dos traballadores do ente público, que só podían acceder ás instalacións a través das contadas prolongacións da #Liña6 a Vilamaior.
NOVAS TARIFAS...?
Empresa Freire conta cunha subvención da Xunta que lle axuda a sufragar os gastos da liña. Coa entrada desta no mapa do transporte urbano, enténdese que pasará a ter as tarifas do resto das liñas municipais, é dicir, de 1€ en metálico e 0,60€ con tarxeta (tanto as TMG e a TMG «Xente Nova» como os cartóns de TUSSA). Outra das novidades é que, ao deixar de formar parte do transporte metropolitano, os importes das viaxes realizadas coa «Xente Nova» deixarán de ser reembolsados aos seus posuidores porque xa non as pagará a Xunta. Porén, as realizadas coa TMG normal (0,86€) pasarán a ter un custo de 0,60€, unha rebaixa considerable.
Estas son as nosas suposicións, posto que nada se sabe aínda de se TUSSA variará ou non as tarifas, polo menos aquelas que se pagan en efectivo, posto que o prezo actual é de 3€ ida e 5,10€ ida e volta, a pesares de contar coa subvención autonómica.
VEHÍCULOS
Empresa Freire opera a liña con vehículos adaptados ás necesidades do servizo. Concretamente, os buses teñen porta maletas e un servizo de información ao viaxeiro en galego, castelán e inglés, no que se poden visualizar as paradas dispostas nun mapa nunha pantalla. Conta tamén con avisos sonoros de «próxima parada».
Cando pase a ser operada por TUSSA, será necesario a adquisición de novos autobuses, xa que os actuais non chegan para cubrir a liña. Queremos crer que se terán en conta as peculiaridades deste servizo á hora de facelo, posto que é inviable —e máis en tempada alta e con vistas ao Xacobeo 2021— realizalo con buses estándar.
Fontes de información:
Empresa Freire
La Voz de Galicia (12/03/2019)
La Voz de Galicia (13/03/2019)
La Voz de Galicia (14/03/2019)
Xeoportal do Concello

UNHA LIÑA MÁIS DO TRANSPORTE URBANO

CAMBIOS PREVISTOS COA ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DA INTERMODAL
Para cando deixe de funcionar a estación de autobuses de San Caetano e comece a facelo a ubicada en Clara Campoamor, a liña sufrirá cambios considerables no seu percorrido. Concretamente, os xa recollidos no Xeoportal, que pasan por substituír a saída dende a praza de Galicia pola propia Intermodal, e contemplan un percorrido circular polo Ensanche a través do Hórreo, Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro e Romero Donallo, cunha nova parada na pza. de Vigo.Detalle do percorrido da futura #LiñaAP polo Ensanche, unha vez estea en funcionamento a Intermodal. |
Empresa Freire opera a liña con vehículos adaptados ás necesidades do servizo. Concretamente, os buses teñen porta maletas e un servizo de información ao viaxeiro en galego, castelán e inglés, no que se poden visualizar as paradas dispostas nun mapa nunha pantalla. Conta tamén con avisos sonoros de «próxima parada».
Cando pase a ser operada por TUSSA, será necesario a adquisición de novos autobuses, xa que os actuais non chegan para cubrir a liña. Queremos crer que se terán en conta as peculiaridades deste servizo á hora de facelo, posto que é inviable —e máis en tempada alta e con vistas ao Xacobeo 2021— realizalo con buses estándar.
Fontes de información:
Empresa Freire
La Voz de Galicia (12/03/2019)
La Voz de Galicia (13/03/2019)
La Voz de Galicia (14/03/2019)
Xeoportal do Concello
Ningún comentario:
Publicar un comentario