O luns 4 de marzo en Bertamiráns (concello de Ames) e o martes 4 en Compostela, o transporte público sufrirá retencións e desvíos por mor dos desfiles de Entroido que terán lugar nas dúas localidades. Ademais, en Santiago tamén se verán desviadas as #Liña5 e #LiñaC4, ao quedar cortada ao tráfico a avda. de Ferrol, punto onde se concentrarán as carrozas.
LUNS 4 DE MARZO, DESFILE EN BERTAMIRÁNS
➢ A partir do luns 4 (ás 00:00) e ata as 12:00 do martes 5, queda prohibido estacionar no aparcadoiro da Telleira (preto da piscina homónima), que será o lugar onde se concentren as carrozas.
➢ Luns 4 de 14:00 a 20:00: prohibido estacionar nas rúas que rodean ao aparcadoiro (travesía do Lodeiro, avda. da Peregrina, rúa do Cómaro e a rúa sen nome que delimita polo nordés).
➢ DESFILE: está previsto que comece ás 18:00 e sairá do propio aparcadoiro da Telleira co seguinte percorrido: avda. da Peregrina (I) ➤ avda. da Maía (I) ➤ Poeta da Maía ➤ Pedregal ➤ avda. da Maía (II) ➤ avda. da Peregrina (II).
Plano explicativo do desfile de Entroido de Bertamiráns. |
Transporte metropolitano
Previsiblemente, os buses metropolitanos que atravesan Bertamiráns sufrirán retrasos e retencións puntuais, ao ter que agardar ao paso do desfile para poder continuar os seus percorridos. Os viaxes máis susceptibles de verse afectados son:
- XG517, Santiago (r/ da Rosa) ⇆ cruce dos Ánxeles (operada por Monbus e Grupo Ferrín): as viaxes con saída de ambas cabeceiras ás 17:45 e 18:15.
- V-7026, Santiago (est. autobuses) ⇆ Negreira (Grupo Ferrín): as viaxes con saída de ambas cabeceiras ás 17:45.
MARTES 5 DE MARZO, DESFILE EN SANTIAGO
➢ A partir das 14:00 e ata o remate do desfile quedará prohibido aparcar en todas as rúas polas que circulará. O percorrido será o seguinte: avda. de Ferrol ➤ Romero Donallo ➤ Frei Rosendo Salvado ➤ pza. Roxa ➤ República do Salvador ➤ Hórreo ➤ Senra ➤ Xoán Carlos I. Dende aquí, continuarán por Rosalía de Castro e avda. da Coruña, para rematar no estanque do Campus Sur, onde quedarán «aparcadas» as carrozas.
A avenida de Ferrol será o punto no que se concentrarán as carrozas antes de comezar o desfile. Estará pechada ao tráfico de 16:30 a 17:30. Por este motivo, as #Liña5 e #LiñaC4 deixarán de circular pola avenida durante este horario, desviándose pola avda. de Antonio Fraguas (SC-20) e Romero Donallo, recuperando o itinerario habitual en República Arxentina.
De 16:30 a 17:30, quedarán suprimidas as #Parada085, avda. de Ferrol (pza. da Mercé); #Parada084, avda. de Ferrol nº 51 (c. Xosé Pasín); #Parada083, avda. de Ferrol nº 19 (c. Doutor Maceira).
O desfile comezará ás 17:30, e non se prevén desvíos nas liñas do #BusUrbano, senón que os autobuses agardarán a que pase a comitiva para poder continuar os seus percorridos, baixo as instruccións da Policía Local. Así, prevense retrasos e retencións puntuais en practicamente todas as liñas para a tarde do martes, entre as 17:30 e as 19:00, aproximadamente. Será unha tarde complicada para utilizar o transporte público na cidade.
Transporte metropolitano
As liñas do #BusMetropolitano que teñan cabeceira na rúa da Rosa tamén se verán afectadas, pero en menor medida. Simplemente terán que esperar a que o desfile vaia dende a avda. de Ferrol ata Frei Rosendo Salvado, para que quede Romero Donallo libre e poidan acceder ata a República Arxentina para continuar ata A Rosa.
Bo Entroido a tod@s!🎭
Fontes de información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario