O servizo lanzadeira foi prestado con vehículos de Tralusa e con vehículos «prestados» doutras empresas. |
Cifras por día
O venres e o sábado foron os días nos que máis se empregou o bus urbano. Foron entre 15.000 e 18.000 as persoas usuarias dos servizos ofertados. O xoves, o primeiro día do festival, foi o que menos tivo, uns 12.000.
Cifras por franxa horaria
Das catro franxas establecidas por TUSSA (inicio - 15:00, 15:00 - 23:00, 23:00 - 00:00 e 00:00 - fin), as máis empregadas foron, obviamente, as que máis horas abarcaban, é dicir, de 15:00 a 23:00 h e de 00:00 ao final (en torno as 4:30 ou 5:00 h). Destaca o feito de que, aproximadamente, foi o mesmo o nº de persoas que empregaron o bus tanto para ir como para volver nas distintas xornadas.
Comparativa coa edición anterior
Non hai cifras oficiais das persoas transportadas durante a primeira edición de O Son do Camiño, en 2018. Porén, as cifras da globalidade da rede si recollen o número de persoas que empregaron os servizos especiais durante todo o ano: 50.036. Tendo en conta que no 2019 só neste festival foron 50.695, podemos concluír que o balance dos servizos extraordinarios prestados por TUSSA para determinados eventos é positivo e que está á alza.
Fonte de información: Concello de Santiago
Gráficas (cifras por día e por franxa horaria): Concello de Santiago
Ningún comentario:
Publicar un comentario