Ollo a esta info de @Gconfidencial: a #Parada088 (av. Lugo, resid. Barroso), foi trasladada para o #BusMetropolitano (suprimida para o urbano) polas dificultades que tipo para atopala unha persoa invidente, que denunciu a situación á Valedora do Pobo. FÍOhttps://t.co/0JEAI5kJ1r pic.twitter.com/oFRchYohqU— Bus Compostela 🚍 (@BusCompostela) 9 de maio de 2019
Sinalización nula da #Parada088. |
Finalmente, optouse directamente por suprimila. A alternativa elixida foi a seguinte xeograficamente, a #Parada694, xusto en fronte da estación de trens. Deste xeito, a #LiñaC2 simplemente eliminou a #Parada088 do seu percorrido e os buses interurbanos intercambiaron unha pola outra, pasando a recoller viaxeiros na nova localización e deixándoo de facer na antiga.
Vista da #Parada694, fronte á estación de trens. |
O certo é que en Compostela as paradas de autobús urbano —e menos as do interurbano— non están preparadas para persoas que teñan algún tipo de problema, xa sexa de mobilidade, de visión ou de oído. A maioría das paradas non son accesibles para cadeiras de rodas e moi poucas contan con pavimento rugoso nos seus bordos. No interior dos vehículos a situación é semellante: as ramplas eléctricas (só as teñen os máis novos) non adoitan funcionar e os buses non contan cun sistema de información acústico e visual que avise de cal é a próxima parada (esta é unha das propostas do novo goberno de Xosé S. Bugallo, por certo, recollida no programa electoral do PSdeG-PSOE).
A #Parada694 xa está situada correctamente na web de Monbus. |
Como xa comentamos no anterior post, queremos crer que este mandato será, por fin, o da mobilidade, e que se lle comezará a dar solución a algúns dos problemas que lastran á nosa rede de transporte urbano dende hai anos. Sen dúbida, un dos principais é a accesibilización das paradas. Pódese levar a cabo dun xeito progresivo e non precisa de grandes estudos e investimentos como si poden necesitalo outras cuestións pendentes de resolución como, sen ir máis lonxe, a reestruturación das liñas.
Dúas das escasas paradas con pavimento rugoso. Unha en Xeneral Pardiñas a outra na rúa Lisboa, en Fontiñas. |
Fontes:
TUSSA
Galicia Confidencial
Google Maps
Monbus
Ningún comentario:
Publicar un comentario