Todas as rúas nas que se van aplicar estas medidas pasarán a estar limitadas a 30 quilómetros/hora (algunhas non o estaban aínda, outras si). A totalidade delas son unidireccionais e de carril único, exceptuando a rúa da Rosa, que conta cun #CarrilBus
> Zona de actuación
A sinalización comezarase a aplicar a partir do domingo á noite no centro da cidade, concretamente na área delimitada polas rúas do Hórreo, Romero Donallo, Rosalía de Castro, Xoán Carlos I e Senra.
Zona de actuación
> A sinalización en si
- Sinalización vertical: instalarase nas entradas á área que conforma a zona de actuación —en sete puntos, se non nos saen mal as contas—. Serán uns paneis rectangulares. Na parte posterior figurará o límite de velocidade e na inferior unha advertencia da prioridade das bicicletas.
- Sinalización horizontal: figurará en todas as rúas dentro da zona de actuación. A pintura consiste nun debuxo dunha bicicleta, acompañado do límite de velocidade e de dúas frechas que indicarán o sentido de circulación.
> Novos puntos de aparcamento de bicis
Procederase tamén á instalación de novos puntos de aparcamento para bicicletas, que se sumarán aos xa existentes no Casco Histórico. Aplaudimos esta medida, xa que practicamente non tería sentido nada do anterior se logo a xente non ten onde aparcar a súa bici. Iso si, haberá que ver onde e cantos se colocan.
> Antecedentes
Estas medidas lévanse a cabo dentro do contexto do que a mobilidade supón
para o goberno municipal, e súmanse a outras anteriores como as plataformas para bicicletas que se atopan na parte dianteira dos principais semáforos do centro da cidade.
Compostela Aberta, a diferencia doutros gobernos anteriores da cidade, cre que hai que priorizar por enriba de todo a mobilidade de peóns e ciclistas. Así, defenden unha pirámide de prioridades, na que estes estarían no cumio, en segundo lugar o transporte público e en último o vehículo privado. Polo tanto resulta lóxico que se estes son os seus principios, actúen conforme a eles.
> Opinión cidadá
Foron moitas as críticas cara ao Concello no momento no que estas medidas foron anunciadas publicamente, pero o certo é que non son contrarias á opinión do pobo. Como proba disto podemos resaltar o resultado dos orzamentos participativos do pasado ano, nos cales o proxecto «A bici pacífica» saiu elexida pola cidadanía. A proposta suxería a instalación de sinaléctica para ciclistas, así como a construcción de carrís-bici e a creación dun novo servizo de aluguer destas. Sen ir máis lonxe, este mesmo ano, na fase de apoios dos orzamentos participativos para 2019, un dos que máis recibiu foi a construcción de carrís bici nas entradas do camiño na cidade.
Con isto queremos dicir que moitas das medidas cos ciclistas como principais beneficiarios levadas a cabo por Raxoi, non son máis que demandas da propia cidadanía, levadas a cabo nos orzamentos participativos onde calqueira persoa censada na cidade pode participar.
> Opinión buscomposteleira ;)
En principio, nós estamos a favor das medidas que busquen facilitar a mobilidade a medios de transporte alternativos ao vehículo privado. Se ben é certo que desta vez non estamos de acordo completamente co Concello, xa que cremos que estas decisións poderían entorpecer o funcionamento do bus urbano. Por poñer un exemplo, se a #Liña5 tivera diante a un/unha ciclista en República de El Salvador, non o podería adiantar ata chegar á praza Roxa e, no peor dos casos, ata o cruce de Romero Donallo. Isto, á larga, derivaría en retrasos. E tendo en conta que son once as liñas que teñen parte do seu percorrido na zona de actuación, o problema podería engrandecerse.
Cremos tamén que o Concello lávase un pouco as mans cando afirma que «Santiago presenta unhas características urbanísticas [...] que impiden medidas máis ambiciosas como a creacións de carrís-bici». Obviamente non imos poder ter carrís-bici no Casco Antigo, Virxe da Cerca ou Basquiños, pero por que non en zonas como Romero Donallo, Hórreo (zona da estación de
trens), Restollal ou avda. de Lugo? Habería que estudiar a súa viabilidade, pero nós cremos que sería posible instalar un no tramo Romero Donallo - Hórreo - avda. de Lugo, que serviría tamén como eixo vertebrador, conectando a cidade de norte a sur.
Proxectos deste calibre estanse levando en A Coruña, por exemplo, onde se está a construir un carril-bici no zona centro, que á súa vez unirá a cidade herculina coa localidade de Culleredo. Nós tamén temos unha senda peonil-ciclista inteurbana —que para cando estea rematada unirá Santiago con Brión, 13 km. en total—, por que non darlle continuidade na súa entrada a Compostela por Mestra Victoria Míguez e Mestre Mateo?
En definitiva, demasiadas ideas as que nos surxen para unha cidade na que queda moito por facer no ámbito da bicicleta. Polo de agora, conformámonos co que temos e aplaudimos a chegada destas novas medidas.

Carril-bici no centro da Coruña |

Fontes de información: Concello de Santiago, La Voz de Galicia, Cadena Ser, Orzamentos Participativos «Compostela Decide»
Mapa: Bus Compostela