Xa estamos en festas!🎉
O venres daban comezo as festas do Apóstolo 2019 co pregón do actor Luis Zahera. Ata o 31 de xullo, a cidade será testemuña dunha infinidade de eventos para todas as clases de persoas e gustos. Destacan os grandes concertos que terán lugar na praza da Quintana, así como os tradicionais fogos nas noites do 24 e do 31.
Por iso, e aínda que moito máis austero que o do ano pasado, porase en funcionamento un servizo nocturno para facilitar a volta a casa de todos os composteláns e compostelás a practicamente calquera punto cuberto pola rede do transporte urbano diúrna. O básico:
➢ 12 liñas (1, 4, 5, 6, 7, 8, C11, P1, P2, P3, P7 e P8).
➢ Saídas dende as cabeceiras ás 00:00, 1:00, 2:00 e 3:00 h. Liñas 4 e 8 tamén ás e medias.
➢ Prolongacións en moitos dos percorridos.
➢ Sistema ideado para desprazarse do centro á periferia, non á inversa.
#Liña1: Rosalía de Castro → Son → Boisaca
➢ Saída dende a #Parada450, en Rosalía de Castro, 87 (cruce con Romero Donallo, ao carón do bar Kampus).
➢ Dende esta cabeceira, percorrido habitual da L1 ata Boisaca con prolongación por Garabal - Son.
➢ Itinerario e cabeceiras habituais da L4.
➢ Funcionará nos dous sentidos: saídas dende Romaño ás 00:00, 1:00, 2:00 3:00; dende As Cancelas ás 00:30, 1:30, 2:30, 3:30.
➢ Por Casas Novas só as viaxes en dirección Romaño
#Liña5:
República Arxentina → Vite
Estación de autobuses → A Rocha Vella
➢ Dous traxectos que funcionarán só no sentido de circulación indicado.
➢ Saídas das cabeceiras (Rep. Arxentina e est. de autobuses) ás 00:00, 1:00, 2:00 e 3:00 h.
#Liña6:
Hórreo → Amio → San Marcos → Bando → Vilamaior
San Caetano → Os Tilos
➢ Dous traxectos, un cara San Marcos e outro en dirección Os Tilos. O primeiro realizará prolongacións por Amio, Bando e Vilamaior (destino final).
➢ As saídas das 00:00, 1:00, 2:00 e 3:00 realizaranse dende o Hórreo (estación de trens) e San Caetano (#Parada552).
#Liña7: rúa Valle Inclán → Fornás → Aríns
➢ Percorrido habitual da L7 (co desvío por obras en Castrón Douro).
➢ Prolongación a Fornás e logo percorrido por Aríns (Lobío, A Pena, rotonda Monte do Gozo, Sanxuás e Torrebranca).
#Liña8: Vidán ⇆ Tanatorio
➢ Xunto coa L4, funcionará tamén nos dous sentidos.
➢ Saídas de Vidán ás 00:00, 1:00, 2:00 e 3:00; dende o tanatorio ás 00:30, 1:30, 2:30 e 3:30.
➢ Cabeceiras e percorrido habitual da L8.
#LiñaC11: circular de Fontiñas
➢ A cabeceira trasládase á rúa Bernardo Barreiro (IES de Sar).
➢ Percorrido habitual do C11, pero só con acceso a Fontiñas unha vez (no traxecto de ida).
➢ Prolongación ata o Multiusos Fontes do Sar.
#LiñaP1: estación de autobuses → Folgoso
➢ Mesmas paradas e percorridos que a P1 diúrna.
#LiñaP2: estación de autobuses → A Choupana → Ortoño
➢ Paradas e itinerario habituais da liña P2.
➢ Dará servizo a toda a zona sur (Santa Marta, A Choupana, Volta do Castro, avda. de Barcelona, etc.) ao non chegar a liña 1 nocturna ata ela.
#LiñaP3: rúa Valle Inclán → Lamas de Abade → A Susana
➢ Paradas habituais da liña P3.
➢ Realizarase a prolongación ata o CIFP Compostela e o IES Lamas de Abade.
#LiñaP7: Virxe da Cerca → Pardaces → A Peregrina → Grixoa
➢ Saídas dende a #Parada660, en Virxe da Cerca, onde a escalinata da praza de Abastos.
➢ Primeiro realizará o percorrido por Pardaces para logo seguir cara A Peregrina e Grixoa.
➢ O núcleo de Miramontes non terá servizo de bus nocturno.
#LiñaP8: rúa Valle Inclán → Roxos → Reborido
➢ Pasará por Roxos e Vilastrexe, onde dará media volta para continuar cara Villestro e Reborido.
➢ Paradas habituais da liña P8.
Para os máis tardóns...
Captura da app maisbus do servizo das 6:00 (San Lázaro - Castiñeiriño) e das 6:20 (Castiñeiriño - Vite). |
E para o día 25...
En último lugar, o xoves 25 de xullo, día de Galicia e festivo en toda a comunidade, veranse reforzadas as liñas 1 e 6:
➢ #Liña1: reforzo no horario de mañá, con pasos cada 20 min. As viaxes en dirección Boisaca prolongaranse polo Recinto Feiral de Amio.
➢ #Liña6: reforzo durante todo o día. Funcionará como un domingo de inverno, con frecuencias de 30 min. Saídas de San Marcos, de 7:30 a 23:00 h; saídas dos Tilos, de 7:15 a 22:45.
Polémica arredor do bus nocturno
O ano pasado saíu elixido nos orzamentos participativos, no apartado das festas do Apóstolo, o bus nocturno. Púxose en marcha durante as once noites coas últimas saídas ás 4:00 (4:30 no caso das liñas 4 e 8). Para as festas deste ano volveu ser escollida a proposta e todo parece indicar que o novo goberno municipal acabou por desbotala. Só funcionará —polo que sabemos ata o momento— a noite do 24 e non terá paradas a demanda. Ademais, as últimas saídas pasarán a ser ás 3:00, unha hora moi cedo para as que son as festas máis importantes da cidade.
Fontes de información: TUSSA, Orzamentos Participativos «Compostela Decide»
Imaxes: Concello, elaboración propia e app maisbus
Ningún comentario:
Publicar un comentario