Dende comezos de abril, a
avenida de Lugo goza dunha nova reordenación do tráfico que facilita as
manobras dos condutores e mellora notablemente a seguridade viaria na zona.
Concretamente, actuouse en dous lugares: no cruzamento da avenida coa SC-20
(eliminando unha perigosa incorporación) e nos arredores da entrada este do
túnel do Hórreo. Neste último punto, viuse afectada a operatividade da #Parada088, que quedou
suprimida para sempre.
HISTORIA DA #PARADA088
A #Parada088 estivo
sinalizada e contou con marquesiña ata a construción do túnel do Hórreo. Un
tempo despois de concluír as obras, retirouse a marquesiña e a sinalización
horizontal (palabra «BUS» e as liñas amarelas diagonais). Aínda así, a parada non quedou suprimida, senón que
se trasladou uns metros máis arriba, a unha isleta na que, en teoría, non podería existir unha parada de autobús.
Agora, coa entrada en vigor da liña descontinua que permite aos vehículos procedentes da rotonda inferior de Sar incorporarse ao túnel, o Concello considerou que este punto era o suficientemente conflitivo como para albergar un punto de subida e baixada de viaxeiros, co consecuente vehículo parado na vía. Deste xeito, decidiu suprimir de xeito indefinido a #Parada088.
ALTERNATIVA >> #PARADA694
A alternativa, tanto para a #LiñaC2 como para o bus interurbano, será a #Parada694, no mesma rúa do Hórreo, próxima ao cruce con Santiago León de Caracas e fronte á estación de trens. Este espazo atópase sinalizado verticalmente con dous sinais que delimitan a lonxitude da parada, pero non conta con poste informativo. Neste sentido, e tendo en conta que é a única parada que moitas liñas interurbanas realizan no centro da cidade, ten todas as papeletas para ser un dos lugares nos que a Xunta instale unha das novas marquesiñas (ou polo menos, nós cremos que sería o máis conveniente).
A historia da #Parada694 é máis breve. Foi creada entre 2011 e 2012 (antes só era unha zona de aparcamento, como se pode comprobar en Google Maps) e, ao igual que a #Parada088, só presta servizo á #LiñaC2. As súas condicións de accesibilidade non son as óptimas, pero tampouco as peores: cun pouco de colaboración do condutor, os buses de dous portas da #LiñaC2 poden quedar moi próximos á beirarrúa para a subida de pasaxeiros. Porén, cremos que os grandes e longos buses interurbanos non están preparados para estacionar nesta parada como deberían, polo que non estaría de máis extender o apeadeiro, ocupando un par de prazas de aparcamento máis.
Fontes de información:
Concello de Santiago
Google Maps
TUSSA
Novo aspecto da avda. de Lugo no entorno do túnel do Hórreo. Fonte: Concello de Santiago. |
No transporte urbano, esta
#Parada088 só servía á #LiñaC2. Ao quedar excluída, simplemente se derivou aos
usuarios á máis próxima, a seguinte, a #Parada694 (Hórreo, fronte á estación de
trens). Nela tamén realizaban parada moitas liñas de autobús interurbano, cuxos
viaxeiros tamén terán que coller o bus agora na #Parada694. De feito, ao non
sinalizar a eliminación do apeadeiro «in situ», son moitas as persoas que
seguen a agardar alí erroneamente.
HISTORIA DA #PARADA088
Así lucía a #Parada088 no 2012, cunha marquesiña non accesible completamente pegada á estrada. Fonte: Google Maps. |
Lugar onde os autobuses realizaban a parada ata hai unhas semanas. |
Agora, coa entrada en vigor da liña descontinua que permite aos vehículos procedentes da rotonda inferior de Sar incorporarse ao túnel, o Concello considerou que este punto era o suficientemente conflitivo como para albergar un punto de subida e baixada de viaxeiros, co consecuente vehículo parado na vía. Deste xeito, decidiu suprimir de xeito indefinido a #Parada088.
ALTERNATIVA >> #PARADA694
#Parada694, na que é habitual encontrar a xente esperando de pé, ao non ter onde sentarse. |