Dende hoxe [luns 14 de xaneiro] ás 8:30 h e ata dentro de, aproximadamente, un mes, queda pechada ao tráfico a rúa Frei Rosendo Salvado, concretamente o tramo que vai dende o cruce con Ramón Cabanillas ata a confluencia con Santiago de Chile. Por este motivo, a #Liña5 do transporte urbano verase desviada:
Tras sobrepasar a praza de Galicia, os buses da #Liña5 con dirección A Rocha / A Rocha Vella seguirán por Doutor Teixeiro ata a rúa da Rosa, en vez de xirar á dereita cara República de El Salvador. Percorrerán A Rosa enteira para enfilar Santiago de Chile. No cruce desta rúa con Frei Rosendo, incorporaranse ao seu itinerario habitual.
Durante o tempo que duren estas obras —que teñen como obxectivo a mellora da drenaxe en Frei Rosendo Salvado para evitar os grandes asolagamentos vividos nas épocas de chuvias—, quedarán anuladas dúas paradas:
🚏👎 #Parada433, República de El Salvador.
🚏👎 #Parada263, Frei Rosendo Salvado.
No seu lugar, habilitaranse outras dúas como alternativa:
🚏👍 #Parada479, rúa da Rosa.
🚏👍 #Parada589, Santiago de Chile (c. Frei Rosendo).
App e sinalización «in situ»
Así estaba sinalizada a suspensión da #Parada263 no pasado mes de xullo. |
De todos os xeitos, na app seguirán figurando como paradas de paso as anuladas e tampouco haberá rastro da #Liña5 nas alternativas. Lembra que a mellor de todas e a única que combina transporte urbano e metropolitano é Buscq.
Nas paradas físicas, coidamos que o que se fará é pegar un papel nunha das farolas próximas —xa que non hai poste informativo en ningunha das dúas suprimidas— cunha copia da información ofrecida na web de TUSSA. Coas chuvias previstas para a próxima semana, esta folla mollarase e perderase a información... A importancia dos paneis!
Fontes de información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario